• Galego
  • Castellano

Ruta do
lacón

Ruta do
polbo

Ruta do
grelo

Ruta do
queixo

Ruta
doce

O Concello de Lugo presenta o novo gastromapa turístico da cidade. Nel artéllanse 5 rutas gastronómicas coa finalidade de desenvolver novas iniciativas turísticas que contribúan a subliñar a potencialidade da cidade.

Trátase de salientar o patrimonio gastronómico local a través da degustación dunha serie de produtos autóctonos procedentes da terra e do mar e elaboración tradicional. Esta materia prima, de primeira calidade, unida ao talento e bo facer dos cociñeiros e artesáns lucenses, que souberon combinar a tradición coas tendencias máis actuais, contribúen a situar a gastronomía local como un dos motores do turismo da cidade e un sinal de identidade, onde o lema “... e para comer Lugo” é máis que unha declaración de intencións.

Invitámosvos a pasear por Lugo, coñecer as súas rúas e prazas dun xeito diferente, a vivir e sentir o ser lucense, unha forma de ser e unhas tradicións onde o ben comer e beber ten un especial protagonismo.